Os chamados GUERREIROS GALAICOS, da actual Galicia e norte de Portugal, son herdeiros nunha antiga terra, da tradición inaugurada polos seus pais e os seus avós da Idade do Bronce e do Neolítico. En Galiza están ampliamente representados na estatuaria funeraria monumental pre-romana da Idade do Ferro que un día coronou os, hoxe desaparecidos túmulos.
Moitas desas estatuas, a miudo con casco, levan un escudo e un puñal. Non son celtíberos, son os hieráticos retratos de guerreiros celtas locindo un torque ao colo e no seu sagulum, ‘saio’, un particular deseño antecedente do tartan escocés.
Este é un resumo do traballo de investigación publicado primeira vez no ano 2000 no Anuario da Gaita, páxinas 15-18, e logo no 2001 no Anuario Brigantino nº24, páxinas 39-60. Posteriormente, tras despertar a curiosidade de Martín Almagro, diversos autores básicamente confirmaron no ano 2003, en Madrider Mitteilungen, nunh obra de 533 páxinas, esta visión sobre a estatuaria.
UN PRECEDENTE QUE CONVÉN CONSIDERAR
Como no Antigo Exipto, en toda Europa expoliáronse e expólianse túmulos, e ainda que fora por excavar ao longo de 17 anos 890 túmulos na necrópole de Hallstatt, un caso famoso constitúeo o relativamente recente expolio (1846) do intendente de minas Johan Georg Ramsauer quen chegou a desenterrar 19.490 obxectos.
A mencionada violación da necrópole de Hallstatt sería cousa anecdótica sen dúbida comparada co caso a principios do século XVII de Pedro Vazquez de Orjás, crego, señor do couto de Recemil en Lugo e de considerarmos o alcance das aperturas masivas de mámoas rexistradas en Galicia en todo tempo.
Pedro Vazquez de Orjás que, segundo o conta Martinez Salazar (BRAH. III. 1909), conseguira do rei Filipe III no ano 1609 unha cédula para abrir as mámoas e coller os tesouros dos gentiles galigrecos, superando a expoliación as tres mil cámaras. Ainda que como é de esperar é un misterio a contía do expolio, e ainda que o señor de Recemil e a ciencia do seu tempo non estaban en condicións de datarnos a idade dos túmulos, ou de facernos coma Ramsauer diarios de excavacións ou demoradas acuarelas como as encargadas polo intendente de minas ao seu amigo Isidor Engel, a experiencia expoliadora do señor crego, polo metodo do ensaio e do erro na avaliación de rendimentos (presumiblemente superior en resultados á dun arqueólogo actual que excava seguramente túmulos violados centos de veces), e polo alcance da mostra (case seis veces superior á de Ramsauer na necrópole de Hallstatt), Vazquez de Orjás si que estaría sequer intuitivamente, coma un cociñeiro cos centolos, en condicións de saber con antelación que túmulos eranproductivos (posibles enterramentos individuais do Broce ou do Ferro?) e que túmulos non.
Poderían abranguer estas expoliacións mámoas -no que Steuer (1979, pp. 631-2) denomina “second oldest profession in the world”- que irían dende o Neolítico ata a Idade de Ferro (Arnold, 1995 p. 51), momento no que se estaban a facer enterramentos tumulares no Atlántico como amosan os funerais de Viriato e posiblemente os guerreiros galaicos arrincados dos seus túmulos, destrozados ou reutilizados, pero que nalgún caso, aparecerían descritos no lugar de seu nos diplomas medievais?
Sería posible por este camiño que, presumiblemente máis ricos, os grandes túmulos da Idade do Ferro, similares aos do mesmo contexto cultural Atlántico que compartimos, baixo a piqueta demoledora dos cobizosos buscadores de tesouros, dende os alicerces, desapareceran totalmente, sen deixar rastro? Cecais non o saibamos nunca.
Click to access 2001%20039_060.pdf
página em obras, desculpem as moléstias